sábado, 10 de marzo de 2018

ACTO DO 8 DE MARZO

O venres os alumn@s de 3º a 6º de Primaria acudiron ao Centro Social do Mar de Bueu ao acto do 8 de marzo organizado polo concello. Os alumn@s de 4 º de primaria do CEIP A Pedra de Bueu por parellas compararon as biografías de mulleres famosas (Malala, Ángeles Alvariño, Rosalía de Castro, Clara Campoamor...) coas biografías das mulleres cercanas aos nen@s: nais, avoas, bisavoas...
Despois foi a entrega de premios (diplomas e agasallos) por parte das autoridades ao alumnado participante  nos concursos de viñetas, poesía e relato.
Por último foi o discurso do alcalde e foto conxunta dos premiados.
Entre as gañadoras destacar a nosa alumna Xiana de 5º de Primaria que gañou o concurso de viñetas e a nosa exalumna Iria.


Parabéns rapazas!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario