luns, 28 de setembro de 2020

Contexto científico

O primeiro plan do Contexto Científico lévanos de viaxe por os distintos ecosistemas de Galicia. Este curso non poderemos viaxar moito, pero ás veces coas artes e coas ciencias podemos coñecer outros lugares. Desta volta, clasificamos distintos tipos de follas seguindo unha clave dicotómica, creamos cadeas tróficas con animaliños de Playmobil, facemos esquemas, resolvemos un caso práctico sobre a pesca e a industria do guano a través das TIC, plantamos sementes e as situamos nun dos ecosistemas traballados, e recreamos plasticamente un dos ecosistemas estudados, introducindo na composición elementos naturais. Este vai ser un curso difícil, pero imos esforzarnos porque sexa emocionante. Lavamos moito as mans e seguimos aprendendo da mellor forma que sabemos, facendo!

   

Ningún comentario:

Publicar un comentario