sábado, 3 de outubro de 2020

Arte no CONTEXTO MATEMÁTICO e ...moito máis!

 


No primeiro plan do contexto matemático traballamos coa medida do tempo. Como introdución reflexionamos sobre o paso do tempo e de como este aspecto fixo reflexionar a moitos pensadores e artistas ao longo da historia. Coñecemos a evolución dos instrumentos para medir o tempo e imaxinamos como sería a nosa vida sen horarios nin calendario. Observamos o cadro de Dalí ‘ La persistencia de la memoria’ e compartimos as sensacións que transmite.

Unha vez metidos no mundo do paso do tempo, comezamos o traballo por recantos: calculamos o tempo que tardamos en realizar actividades do máis variadas como saltar á corda, atar os cordóns ou escribir a data ao revés, tamén resolvemos problemas sobre a vida de distintos personaxes da historia e  tentamos resolver un enigma, practicamos os cambios de unidades, as equivalencias e as operacións con unidades de tempo.

  

E por último, no recanto Creativo fabricamos dous instrumentos para medir o tempo: unha Clepsidra (reloxo de auga) e un reloxo de sol.

    


                                                        Seguimos con ...SuperARTE!

Ningún comentario:

Publicar un comentario