Logo dunha semana de moito traballo de investigacións e instrucións cos mandadiños de Torriño, chegou o gran día . Nos plans de traballo dos contextos de aprendizaxe fixemos traballos coas típicas máscaras de Galicia, cartaces informativos das personaxes do Entroido, teatralizamos receitas de doces típicos e investigamos a relación do noso disfrace co teatro.
Desfrutamos dun gran desfile a cargo de todo o alumnado do colexio. O tema viu marcado polo Teatro e puidemos ver aos mimos de infantil, marionetas en primeiro e segundo, arlequíns en terceiro e cuarto e a pantasma de ópera os alumn@s de quinto e sexto. Tod@s os grupos se converteron en comparsas, coas letras das cancións adaptadas a temática do noso proxecto.
A actuación dos arlequíns en video:
As familias que puideron, nos acompañaron e tod@s colaboraron na aportacións de doces típicos de Entroido que degustamos no patio.
Os máis peques pasaron por Radio Faladoiro para contarnos como se celebra o Entroido.
Seguídenos en Ivoox!
Agora nos toca coller forzas para rematar o trimestre. Voltamos coas pilas ben cargadas. Arriba otelón!
Ningún comentario:
Publicar un comentario