luns, 27 de febreiro de 2023

Primeiro encontro do club de lectura de 3º e 4º de primaria

Hoxe tivemos a primeira reunión do club de lectura de terceiro e cuarto. O libro escollido para esta ocasión foi "Game Over" de Carlos Losada, un libro de teatro que  obtivo o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil en 2007. O xurado salientou o interese do tema, que alude ao illamento que ás veces sofren os nen@s coas pantallas.

En Game Over, Roi acende a súa videoconsola para botar outra partida ao seu xogo favorito Mortal Combat versión 3.0. Pendente do xogo non atende  a chamada do seu amigo, nin do  seu pai e lle custa unha disputa coa súa nai. Adéntrase  ata tal punto no videoxogo,  que xoga ata quedar durmido.

Este libro, tiña as características para formar parte da biblioteca do club de lectura Arriba o telón! pero as valoracións non foron todo a que  nos gustaría. Falamos das nosas partes favoritas, o que máis nos gustou e o que non nos gustou. Logo puxemos as nosas valoracións nunha chapa que xa levamos colgada na mochila.

 





 
                               
 Agardamos o próximo encontro. Arriba o telón!




Ningún comentario:

Publicar un comentario