Seguimos coa investigación sobre o cine, nesta entrada, facemos visible os proxectos dos alumn@s de segundo de primaria, que logo dun gran traballo, plasman os seus resultados.
Facemos, manualidades, investigación e xogos para ser uns bos actores e actrices.
Unha das propostas, foi facer un taumátropo.O traumátoropo é un dos primeiros aparellos ópticos empregados para crear a ilusión e o mvemento, e ten unha relación directa co cine. Inventado no século XIX, consta dun disco cunha imaxe diferente a cada lado de dúas cordas. Ao xirar rapidamente o disco, as dúas imaxes combínanse nunha soa debido á persistencia da visión, fenómeno fundamental no cine.
Cada semana, na hora de biblioteca, len sobre cine, e fan actividades moi divertidas para coñecer este marabilloso mundo.
Seguiremos ensinando as nosas propostas. Este curso será de película!
Ningún comentario:
Publicar un comentario