domingo, 15 de decembro de 2024

Visita de Gaspar Broullón

O 13 de decembro recibimos a visita de Gaspar Broullón, un destacado cineasta galego, recoñecido polo seu traballo como realizador, editor e produtor audiovisual. Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, tamén obtivo un Diploma de Estudos Avanzados en Comunicación e Xornalismo.

Broullón especializouse na dirección e produción de documentais e programas de televisión, e é profesor asociado de Realización Audiovisual na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Entre os seus proxectos máis destacados atópanse "Eroski-Paraíso", "Beiras.Vivir2veces" e "Manoliño Nguema", así como as series "Rapa" e "Hierro", esta última galardoada con numerosos premios pola súa montaxe.

A súa traxectoria profesional reflicte unha profunda paixón pola narración de historias, e a súa contribución ao mundo audiovisual galego é amplamente recoñecida e valorada.








Para comezar a visita, deu a benvida a todo o alumnado na biblioteca e  falounos  sobre o seu traballo e traxectoria. Nunha segunda sesión, tivemos o privilexio de visualizar as curtas gravadas para analizalas con el, e seguir mellorando. A continuación pasou por Radio Faladoiro, non perdades  a entrevista tan interesante que compartiu con nós.



Grazas Gaspar por contribuír a un curso de Película!

Ningún comentario:

Publicar un comentario