sábado, 8 de marzo de 2025

8M, Mulleres de película

Este curso, no CEIP Torre Cela, celebramos o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cun enfoque moi especial: homenaxear ás mulleres actrices que marcaron a historia do cine. No marco do noso proxecto anual, "Un cole de película", queremos poñer o foco nas historias destas mulleres que, coa súa arte e talento abriron camiños e romperon barreiras na industria cinematográfica.

Traballamos actrices,  explorando a súa carreira e a súa contribución tanto ao cine.No noso colexio, cremos firmemente que a educación é a mellor ferramenta para construir un futuro máis xusto e igualitario. Coñecer as historias destas mulleres de película é unha forma de inspirarnos e de recordar que todas e todos podemos ser protagonistas do cambio.






Porque  o 8M é moito máis que un día: é unha oportunidade para reflexionar, aprender e celebrar o poder das mulleres.

O alumnado de primeiro e segundo de primaria pasou por Radio Faladoiro, non deixedes de escoitar este programa tan espacial adicado ás mulleres no cine.

As nenas de cuarto e quinto sorprendéronnos cunha fermosa actuación chea de reflexións.

                                                     

E coma non podía ser doutro xeito fixemos un video de película!


Este curso será de película!

Ningún comentario:

Publicar un comentario