Este mes de febreiro, puxémonos mans á obra para mergullarnos no fascinante mundo das emocións. Transformamos as nosas aulas en pequenos cines onde as películas foron as nosas mellores guías para aprender a sentir, recoñecer e expresar as nosas emocións.
Escollimos filmes que nos fixeron rir, chorar, emocionarnos e reflexionar, e empregámolos para falar sobre a alegría, a tristura, o medo, o enfado ou mesmo a sorpresa. Unha das grandes protagonistas deste mes foi Del Revés (Inside Out), que nos axudou a comprender como cada emoción ten un papel importante na nosa vida, pero tamén traballamos con Ferest Gump, El viaje de Arlo ou Buscando a Nemo, entre outras.
A través das actividades, descubrimos que todas as emocións son valiosas e necesarias. Fixemos dinámicas en grupo, reflexionamos sobre os sentimentos que experimentamos nas nosas vidas cotiás e creamos espazos onde cada neno e nena puido expresar o que sentía sen medo nin xuízos.
No contexto de linguas de 1º e 2º o alumnado pasou por Radio Faladoiro para recoller as reflexións das actividades realizadas.
Febreiro converteuse así nun mes cheo de aprendizaxe emocional, no que xuntos demos pasos importantes para coñecérmonos mellor a nós mesmos e aos demais. Porque no CEIP Torre Cela cremos que educar non só é aprender matemáticas ou lingua, senón tamén saber recoñecer e xestionar o que sentimos.




Este curso será de película!
Ningún comentario:
Publicar un comentario