luns, 3 de marzo de 2025

DÍA DE ROSALÍA

O Día de Rosalía celébrase o 23 de febreiro porque coincide co aniversario do seu nacemento, en 1837. Nesa data veu ao mundo Rosalía de Castro, unha das figuras máis importantes da literatura galega e española. Esta conmemoración busca homenaxear a súa vida, a súa obra e a súa enorme contribución á cultura e á lingua galega, unha muller adiantada ao seu tempo, cuxa voz resoa máis forte ca nunca.

Rosalía foi moito máis ca unha escritora. Foi unha pionera que reivindicou a lingua galega nun momento en que estaba esquecida, devolvéndolle dignidade e identidade. A súa obra, marcada por unha sensibilidade única, abarca dende a beleza da paisaxe galega ata as inxustizas sociais que ela denunciou con valentía.

A través de libros como Cantares Gallegos e Follas Novas, Rosalía ensinounos a importancia de expresar quen somos e a loitar polos nosos valores. É un exemplo perfecto de como a cultura e a palabra poden transformar o mundo. Dende o noso colexio, queremos seguir os seus pasos, traballando por un futuro onde a nosa identidade, a nosa lingua e os nosos soños sigan brillando.

Así que,tomemos prestadas as súas palabras para lembrarnos de que a forza dunha idea pode cambiar todo. Rosalía, sempre viva na nosa memoria.

O equipo de dinamización da lingua traballou nun obradoiro creativo e os alumn@s de primeiro e segundo de primaria pasaron por Radio Faladoiro

 https://www.instagram.com/p/DGfu-OjIIjJ/?utm_source=ig_web_copy_link





Grande Rosalía, unha muller de película!

Ningún comentario:

Publicar un comentario