Este ano, no CEIP Torre Cela vivimos un Entroido digno das mellores alfombras vermellas. O noso proxecto anual está centrado no fascinante mundo do cine, e aproveitamos esta inspiración para converter o noso Entroido nunha auténtica homenaxe á sétima arte, porque o noso lema este curso é... un cole de película!
Os alumn@s de primeiro e segundo pasaron por Radio Faladoiro para presentar un Entroido de película.
Cada recuncho do colexio cobrou vida con creatividade e emoción. As nosas aulas mergulláronse nos universos máis máxicos e emocionantes:
En Del revés 2,o alumnado de educación infantil explorou as emocións e disfrazáronse para representar a alegría, a tristura, o enfado e máis sentimentos que fan única a experiencia de ser humanos.

Este Entroido, cada neno e nena, cada docente, cada familia puxo o seu gran de area para que esta celebración fose inesquecible. Non só disfrutamos do cine, senón que aprendemos a compartir, a expresar emocións e, sobre todo, a traballar xuntos para crear algo máxico con actuacións musicais que pasaron por escenografías, coreografías, cancións e bandas sonoras.
Con esta festa, lembrámonos de que a imaxinación non ten límites, e no CEIP Torre Cela, estamos listos para seguir rodando historias que inspiren, divirtan e transformen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario