Nestes días estamos de encontros. O alumnado de terceiro ciclo de educación primaria reuníronse para falar da súa lectura " Hugo Cabrer". Tod@s coincidiron que a pesar de ser unha lectura longa, foi amena e divertida. A invención de Hugo Cabret é unha obra mestra que combina narrativa escrita e ilustracións impresionantes para crear unha experiencia única. A historia transcorre na París dos anos 30 e segue a Hugo, un rapaz orfo que vive nunha estación de tren. Hugo dedica a súa vida a manter en funcionamento un autómata, un legado do seu pai, e a desentrañar os misterios que o rodean.
A trama mestura misterio, aventura e un toque de maxia, mentres Hugo e a súa amiga Isabelle descobren segredos sobre o pasado dun pioneiro do cine, Georges Méliès. Nesta ocasión puidemos relacionar o libro escollido co muno do cine para completar con esta actividade o noso proxecto " Un cole de película".
As ilustracións de Selznick non son só complementos, senón unha parte esencial da narrativa, que engade profundidade e emoción á historia.
Entre tod@s chegaron á conclusión de que este libro é unha homenaxe á creatividade, á resiliencia e á importancia dos soños. É ideal para lectores de todas as idades que buscan unha historia conmovedora e visualmente impactante.



Como cada club de lectura que facemos, levamos unha chapa para o recordo e momentos compartidos arredor de libros. Así que, xa estamos planificando a seguinte lectura.
Este curso será de película!
Ningún comentario:
Publicar un comentario