Os nenos e nenas de terceiro investigaron sobre o arroz. Aprenderon moitas curiosidades e así o plasmaron neste fantástico mural.
O arroz é un cereal ao igual que o trigo, o centeno e o millo.
O gran de arroz constitúe o primeiro alimento consumido en Asia é o segundo alimento do mundo, despois do trigo.
O arroz cultívase en China dende hai 7.000 anos. Asia é o continente que máis arroz produce.
O arroz cultívase en campos inundados chamados arrozais. Cando o arroz está maduro, é dicir, as espigas están cargadas de grans dourados, colléitanse. Pódese facer a man ou con máquinas. Antes había que trillar o arroz a man; agora faise con máquinas chamadas trilladoras.
Os grans de trigo almacénanse nos silos para protexelos da humidade e dos animais. Estes silos son parecidos aos nosos hórreos.
Existen 2.000 variedades de arroces pero só se cultivan unhas cantas de forma extensiva: arroz branco de gran longo (basmati e patna), arroz branco de gran medio (bomba), arroz integral, arroz vaporizado, arroz de gran redondo, arroz glutinoso e arroz aromático.
En moitos países de Asia cómeno cuns pauciños de madeira chamados "palillos"
Co arroz pódense elaborar miles de deliciosos pratos, pero tamén ten usos na saúde e no mundo da beleza.
Bo traballo, investigadores. Espérovos cos libros abertos!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario