Amosando publicacións coa etiqueta conmemoracións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta conmemoracións. Amosar todas as publicacións

luns, 8 de xuño de 2020

DÍA DOS OCÉANOS

Hoxe celebramos o Día dos Oceános e convidámosvos a ver e dialogar sobre estas imaxes e a pensar, crear, reciclar e mostrar posibles xogos e xoguetes acuáticos , ou  medios de transporte que poidan navegar polos nosos mares sen contaminar  e sen facer impacto no medio ambiente. Velaí van algúns exemplos, pero cos vosos superpoderes seguro que crearedes outros fantásticos!!





barco con materiales reciclados - Web del maestroPin en Genbrug

venres, 5 de xuño de 2020

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Para conmemorar o Día do Medio Ambiente seguimos facendo propostas para reflexionar e prestar atención á contorna que nos rodea. Intentade facer un experimento moi  curioso, e por que non? Animádevos a facer un cartaz que invite a recapacitar e ser conscientes de que temos  que coidar un planeta fermoso, cheo de vexetación, animais, mares... E se queredes mandarnos a torredaspalabras@gmail.com os vosos experimentos e cartaces. E para desfrutar deixámosvos cancións adicadas ao noso planeta e un vídeo explicativo das tres R (reducir, reutilizar e reciclar).

Feliz día a tod@s!!!



 

luns, 1 de xuño de 2020

DÍA DO MEDIO AMBIENTE E DÍA DOS OCÉANOS

Ola ecoheroes!!!
Os equipos de Biblioteca, Dinamización e Voz Natura queremos conmemorar o Día do Medio Ambiente (5 de xuño) e o Día dos océanos (8 de xuño). O primeiro que propoñemos é facer os seguintes eco-retos  sen esquecer marcar no calendario os días cos retos superados.


Ademais queremos deixarvos, para reflexionar sobre o que estamos facendo co noso planeta, o corto de Lemon e o conto infantil Aquatika. Despois do ver o conto podedes expresar como podedes axudar a coidar os nosos océanos e a contorna que nos rodea. Deixámosvos unha ficha na que o podedes reflexar debuxando, escribindo ou como máis vos guste. Os vosos traballos mandalos a torredaspalabras@gmail.com. E non esquezades: "I´ve got the power"


E vos deixamos unhas láminas para pintar e completar e despois decorar onde vós queirades!!



domingo, 3 de maio de 2020

A FESTA DOS MAIOS 2020

Este fin de semana celebramos os maios, algúns nen@s de Infantil, 2º e 5º de Primaria fixeron pequenas coplas ou representacións. Para elaboralos aproveitaron o seu paseo para recoller xestas, fiuncho, flores... e facer cousas tan bonitas como as que podedes ver a continuación.
Moi bo traballo!!!














sábado, 2 de maio de 2020

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O BULLYING OU ACOSO ESCOLAR

O noso centro participa nun Programa de mediación T+t (titores e titorizados) de 3º a 6º de Primaria e o 2 de maio celébrase o Día Internacional contra o Bullying ou acoso escolar. Polo que o equipo de biblioteca queremos compartir con tod@s vos as seguintes curtas e unha canción co obxectivo de concienciar sobre a necesidade de acabar con este tipo comportamentos e actitudes.


venres, 27 de marzo de 2020

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Hoxe, 27 de marzo, é o Día Mundial do Teatro. Unha persoa moi relacionada co teatro foi Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas. A continuación os deixamos varios enlaces relacionados co teatro:







 
Tamén vos deixamos o teatro de sombras do conto: "La pequeña oruga glotona". Se vos animades a facer un, mandádeo a torredaspalabras@gmail.com.




domingo, 15 de marzo de 2020

VIDEOS PUBLICITARIOS DE MÁQUINAS

Os alumn@s de 3º e 4º de Primaria inventaron e despois publicitaron máquinas no contexto científico. O día da Muller e a Nena na ciencia, cando nos xuntamos na biblioteca, os puidémolos ver. 
Bo traballo rapaces!!!



domingo, 8 de marzo de 2020

SEMANA DA PRENSA 2020

Do 9 ao 13 de marzo imos celebrar a Semana da Prensa. Na nosa biblioteca convidamos aos alumn@s a que se convertan en xornalistas.
Animádevos rapaces!!!







domingo, 23 de febreiro de 2020

INVESTIGACIÓNS DO ENTROIDO

No contexto lingüístico os alumn@s fixeron unha pequena investigación sobre diferentes disfraces do Entroido. Despois elaboraron murais nos que reflexaron todo o que descubriron dos Peliqueiros, Xenerais da Ulla, Pantallas e Cigarróns.
Bo traballo rapaces!!!






24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Animádevos a celebrar o Día de Rosalía de Castro!!!


domingo, 16 de febreiro de 2020

PREPARANDO O ENTROIDO

Torriño deixounos unhas consignas para desfrutar da semana que imos ter de Entroido. Por suposto, non faltan superpoderes e Rosalía de Castro.
Animádevos a participar!!!



mércores, 12 de febreiro de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Para celebrar o Día da muller e a nena na ciencia recibimos a visita dunha nai científica (oceanógrafa). Contounos historias de mulleres  apaixonadas pola ciencia e os descubrimentos, como Jane Baret e Ángeles Alvariño.
Na nosa biblioteca temos unha mostra destas historias en feminino.
Despois os maiores visualizaron os vídeos que gravaron no contexto científico. Nel os nen@s tiveron que inventar, deseñar e construir máquinas e promocionalas para a súa posible venta.
Moitas grazas Susana e parabéns rapaces polo voso traballo!! 









domingo, 9 de febreiro de 2020

MANIFESTO DO DÍA DA PAZ EN RADIO FALADOIRO

O día da Paz os alumn@s do noso centro escoitaron o manifesto elaborado polos nen@s de 1º e 2º de Primaria.  Os pequenos de 5 anos tamén dixeron unhas palabras en agradecemento á colaboración económica das familias con WWF para axudar a catro animais que están en perigo de extinción por causa da contaminación. Despois acudiron a Radio Faladoiro e os gravaron. Aquí os podedes escoitar e desfrutar deles.


xoves, 30 de xaneiro de 2020

DÍA DA PAZ

Para conmemorar o Día da Paz no contexto lingüístico e titorías traballáronse textos de Gandhi, fixéronse mensaxes de paz e coñeceron, tanto os pequenos como os maiores a Malala. Os pequenos escoitaron o conto "O lapis máxico de Malala" e elaboraron un medallón de superheroes e superheroínas da paz. Os nen@s de 1º e 2º de Primaria fixeron un mural no que reflexaron que farían para cambiar o mundo se tiveran un lapis máxico. E os maiores decoraron siluetas de persoas nas que puxeron mensaxes para cambiar o mundo.
























Na biblioteca atoparon unha plantilla de escornabots da biografía de Malala e no castelo tamén está a biografía desta Superheroína para que os nen@s se paren a ler.



Ademais o equipo de Dinamización da Lingua Galega decorou  o corredor con verbas de Amor e Paz en diferentes linguas.


Para celebrar este día xuntouse todo o alumnado para escoitar o Manifesto elaborado polo alumnado de 1º e 2º de Primaria. Despois os nen@s de 5 anos agradeceron a participación económica das familias coa ONG WWF para apadriñar catro animais (tartaruga, foca, oso polar e pingüín) que están en perigo pola contaminación. A continuación cantamos "A cantarela dos nenos" e rematamos cun delicioso chocolate pola Paz.