Ola a tod@s!!! Aquí vos deixamos as nosas recomendacións para este verán.
Felices lecutras!!!
O alumnado de 5º e 6º de Primaria elaboraron, no contexto lingüístico, unha liña do tempo na que se reflexa algúns momentos importantes que aconteceron nestes 50 anos de vida do colexio. Entre eles podemos atopar acontecementos sucedicos en Bueu, Galicia, España e no mundo.
Moi bo traballo!!!!
O luns visitounos a profe Ami, sobriña de dona Amalia, antiga mestra do noso colexio.
A semana pasada, os alumn@s de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria desfrutaron da visita do Hematocrítico. Faloulles sobre o seu traballo, as personaxes dos seus libros e fixéronlle preguntas. Como remate final, firmoulles exemplares que trouxeron os nen@s ao cole.
Moitas grazas por vir!!!!
Este ano coñecemos ao poeta, Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado polo Día das Letras Galegas. Fixemos unha exposición e concurso en colaboración coa A.C Costumes de Cela, propoñendo unha interesante actividade chea de respeto e amor pola nosa contorna como facía o autor (agro, xente, construccións, gastronomía...) e destacando tódalas virtudes que fan de Cela un lugar único.
Este ano fixemos unha pequena exposición cos carteis enviados desde a xunta, e completamos cos traballos do alumnando sobre a nosa contorna. Estes traballos forman parte do concurso da Asociación cultural e que estarán expostos tamén o día 21 durante a festa que se está a organizar. Aquí temos unha pequena mostra do que fixeron por aulas:
Infantil - o que máis lle gusta de Cela.
Primeiro e segundo - as súas praias.
Terceiro - as festas
Cuarto - as construccións
Quinto - os camiños de Cela
Sexto- as escolas da contorna; relacionándoo coa PDI deste ano: "Os planos da memoria"
Velaí vai un ano máis a nosa "Romaría escolar das letras galegas". Estivo cheíña de ledicia, xogos, música, complicidade... Pequenos e grandes desfrutando dunha xornada extraordinaria chea de agarimo e moita calor!!
Queda unha pequena mostra de momentos compartidos a través de xogos populares, da música con Retrouso, dos paseos de ida e volta pola nosa contorna ata chegar á praia e ao cole.
E como non podía ser de outra maneira... continuamos a celebrar o noso 50 aniversario, e durante a mostra de construccións de area, se fixeron verdadeiras obras de arte para festexar os nosos parabéns!!!!