Amosando publicacións coa etiqueta día da radio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta día da radio. Amosar todas as publicacións

luns, 3 de marzo de 2025

Día da radio desde Radio Faladoiro

Para conmemorar o día mundial da radio colaboramos con Ponte nas ondas e a súa proposta para coidar o medio.Como un cole de película, cun montón de soños por cumplir, qieremos ser os protagonistas dunha historia real que inspire a acción e a reflexión.

A nosa radio escolar converteuse nunha poderosa ferramenta para dar voz a iniciativas que protexen o medio ambiente. A través das nosas emisións, compartimos ideas innovadoras, relatos emocionantes e, sobre todo, un chamamento á concienciación. Xuntos estamos a escribir o guión dun mundo máis verde, máis solidario e máis sostible.

Hoxe, convidámosvos a escoitar, a imaxinar e a actuar. Porque como ben di a radio, non hai límites cando se trata de soñar cun futuro mellor. O micrófono está aberto... Que mensaxe queres deixar para salvar o planeta?

 

Grazas PONTE NAS ONDAS, por dar voz e mellorar o mundo. Este curso será de película!




luns, 14 de febreiro de 2022

Día da Radio

 Os nenos e nenas de 3° e 4° de Educación Primaria gozaron, para celebrar o Día Mundial da Radio, dun obradoiro de Xeografías Máxicas con Charo Pita: teatro, radio, mitoloxía e ata xeografía! 

Un obradoiro completísimo onde aprenderon como colocar o corpo para emitir mellor a voz, fixeron de xornalistas practicando entradillas para o noso programa de radio, practicaron a entonación e ata fixeron teatro!




Charo contou a historia de Hércules e a de Maruxaina, e ubicou esas lendas fantásticas nun mapa! Quedamos coa boca aberta porque ela é unha contacontos extraordinaria. Acompañáronnos cans de tres cabezas e mesmo deuses e deusas!



Os alumn@s de 1º e 2º de Educación Primaria tamén tiveron sesión contacontos con Charo Pita. Escoitaron contos como "La carrera", "Contos de ratiños" e moitos máis.






Destacar que o alumnado de 5º e 6º de Primaria participaron en Rede Espora falando sobre as Fake News. Gravaron unha noticia falsa e despois reflexionaron sobre ela. A continuación o podedes escoitar no minuto 16,45: Rede Espora


Tamén tivemos a visita dunha nai e dunha avoa, antigas alumnas do centro, que nos contaron como era na súa época  o cole e nos falaron sobre como se celebraba o Entroido. Fixemos unha entrevista en Radio Faladoiro que enviamos a Ponte nas Ondas.