Amosando publicacións coa etiqueta MES DAS EMOCIÓNS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MES DAS EMOCIÓNS. Amosar todas as publicacións

martes, 4 de marzo de 2025

Febreiro, mes das emocións

Este mes de febreiro, puxémonos mans á obra para mergullarnos no fascinante mundo das emocións. Transformamos as nosas aulas en pequenos cines onde as películas foron as nosas mellores guías para aprender a sentir, recoñecer e expresar as nosas emocións.

Escollimos filmes que nos fixeron rir, chorar, emocionarnos e reflexionar, e empregámolos para falar sobre a alegría, a tristura, o medo, o enfado ou mesmo a sorpresa. Unha das grandes protagonistas deste mes foi Del Revés (Inside Out), que nos axudou a comprender como cada emoción ten un papel importante na nosa vida, pero tamén traballamos con Ferest Gump, El viaje de Arlo ou Buscando a Nemo, entre outras.

A través das actividades, descubrimos que todas as emocións son valiosas e necesarias. Fixemos dinámicas en grupo, reflexionamos sobre os sentimentos que experimentamos nas nosas vidas cotiás e creamos espazos onde cada neno e nena puido expresar o que sentía sen medo nin xuízos.

No contexto de linguas de 1º e 2º o alumnado pasou por Radio Faladoiro para recoller as reflexións das actividades realizadas.  

Febreiro converteuse así nun mes cheo de aprendizaxe emocional, no que xuntos demos pasos importantes para coñecérmonos mellor a nós mesmos e aos demais. Porque no CEIP Torre Cela cremos que educar non só é aprender matemáticas ou lingua, senón tamén saber recoñecer e xestionar o que sentimos.





Este curso será de película!

domingo, 3 de marzo de 2024

Febreiro, mes das emocións

En febreiro celebramos o mes das emocións. Na Biblio sacamos dos andeis os títulos relacionados coas emocións, preparamos Mochila especial de emocións e facemos unha proposta para as titorías.
Este curso, dentro do proxecto "Son de Cela", experimentamos e investigamos coa música. Expresamos as emocións que nos provocan as cancións, como poden cambiar o noso estado de ánimo e como nos permiten expresarnos de moitas formas: musical, plástica, oral, escrita...
E que a música é pura emoción.

domingo, 6 de marzo de 2022

Mes das emocións

 No mes de febreiro, na biblioteca tivemos unha exposición con libros de emocións que se traballaron nas aulas. 


Nas aulas de Infantil e 1º e 2º de Primaria un dos contos traballados foi; "Qué bigotes me pasa?". Coñecemos e expresamos diferentes emocións e vimos as imaxes coa linterna de luz negra.







Outros contos traballados en Infantil foron: "Así es mi corazón", "Qué és el amor?" e "Adivina cuanto te quiero".







O alumnado de quinto realizou unha actividade para destacar os aspectos positivos de cada unha das persoas do grupo e representar a rede de amizade que une á clase. 

Trala lectura da historia de ‘O fío vermello’, saíron ao patio e foron dicindo aquelas cualidades que máis valoraban dos seus compañeiros/as. Cada vez que alguén dicía algo dun compañeiro/a á vez tiña que lanzarlle o nobelo de lá. Ao rematar a actividade, observamos que estamos todos e todas conectadas por un fío vermello de amizade. 



Outra actividade que fixeron foi a "Receita para a amizade e o amor". O alumnado, por grupos, escribe unha receita para cociñar unha perfecta amizade. Despois, cada grupo expón esa receita ao resto da clase.





No contexto lingüístico de 1º e 2º de Primaria relacionaron as emocións coas cores, comidas, películas, cancións, obxectos...


Os nenos e nenas de 3° de Primaria reflexionaron sobre distintas emocións ao longo do mes de febreiro, a partir do libro "Diario de las emociones" de Anna Llenas. 


Unha das emocións que máis lles gustou traballar foi a rabia. Descubriron que é como unha explosión interna, un rexeitamento, unha molestia, enfado, ira… e que ás veces sae de forma pouco controlada. Pero para moitas cousas, é necesaria.
Tiveron que aprender a canalizala a través da arte, así que debuxaron de que forma pode saír do noso corpo: saíron dragóns, cans de varias cabezas, furacáns, e ata palabras fortes! 




Seguiremos nesta montaña rusa de emocións, porque coñecernos sempre nos axuda a querernos un pouco máis e a aprender a ser máis felices.

domingo, 28 de febreiro de 2021

En febreiro, emocionARTE

 Neste mes, traballamos as emocións con distintas actividades que pasaron pola nosa biblioteca. Non faltaron os contos que tanto transmiten,  como "Así es mi corazón", " Mounstruo Azul" ou Leotolda, unhas das últimas adquisicións de fondos . Ampliamos  a escoita activa con actividades superartísticas...

   

      

Traballamos con cadros  nos que atopamos emocións que tivemos que transmitir a través de creacións; eliximos imaxes e utilizamos a mesa de luz para identificalas. Tamén tratamos de facer creacións coas emocións que sentiamos nese momento.

   


   


   





No contexto lingüístico traballamos con poesías relacionadas con emocións, fixemos escenificacións e representacións teatrais e buscamos información de obras de arte que nos trasmiten distintas emocións. 



EmocionARTE!!