Amosando publicacións coa etiqueta samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta samaín. Amosar todas as publicacións

martes, 4 de novembro de 2025

Un Samaín moi máxico

Celebramos o Samaín cunha xornada chea de obradoiros e actividades coordinadas polo equipo de dinamización da lingua. Colaboraron profes, nais, pais e ANPA, que colaboran sempre cunha decoración do máis incrible. 

Este ano tivemos obradoiro de cociña, truco o trato, just dance, manualidades, maquillaxe, apócema, contos terroríficos con Mari e Luis Davila (O Bichero) e unha busca terrorífica nun decorado impresionante inspirado no universo máxico de Harry Potter. 

Grazas a todos por facelo posible!! 

















As festas do outono



 O alumnado de 1º e 2º elaboraron un programa especial sobre as festas do outono no seu obradoiro de linguas. 

Poemas, receitas, adiviñas… e pesadelos terribles! Bulide a escotoitalo en radio Faladoiro!!

https://go.ivoox.com/rf/161192834




luns, 18 de novembro de 2024

Un Samaín de película

Chegou un dos días máis esperados por toda a comunidade educativa; oSamaín. Baixo as directrices do equipo de dinamización da lingua, pasamos unha mañá de medo. Entramos polo tunel do terror para chegar ao  obradoiro de manualidades  de Marc Taeger, petamos a porta para desfrutar do truco trato, maquillámos de medo, adentrámonos na película Piratas do Caribe e nos emocionamos con Coco, como guiño ao noso proxecto. 

Por suposto, desfrutamos das lendas máis terroríficas na biblioteca Luís Davila. Aquí un recordo fotográfico do día máis terrorífico de 2024  no Ceip Torre Cela.


A LENDA DE BABAYAGA

PIRATAS DEL CARIBE
    

 

 

APÓCEMAS MÁXICAS
OBRADOIRO MARC TAEGER



                                                                              


COCO


Ambientamos o cole e os corrredores con cabazas que fixeron unha homenaxe ao mundo do cine. Atopamos personaxes, películas palomitas e todo o imprescindible .....




No contexto lingüístico pasamos por Radio Faladoiro para gravar programas, aquí un deles indagando sobre lendas.

Aproveitamos tamén para buscar información sobre a orixe do Samaín.

Aproveitamos para agradecer o traballo das Anpas e aos pais e nais colaborador@s Por suposto, ao equipo de dinamización da lingua e a todo o profesorado polo esforzo, xunt@s facemos equipo!

Este curso será de película!

mércores, 1 de novembro de 2023

Ao son do Samaín!!

Celebramos Samaín cun montón de actividades estes días!! Coma sempre os corredores están repletos de cabazas terroríficamente decoradas. Este curso todas moi musicais!!
Tivemos de todo... túnel do terror, maquillaxe, truco o trato, e visita ás mazmorras da Pantasma da ópera!!
E na Biblioteca tamén houbo moito movemento!!! Contamos con grandes artistas na nosa comunidade educativa así que tivemos a sorte de desfrutar dun obradoiro de origami terrorífico con Marc Taeger e Olalla...
E cun contacontos de medo con Mari Acuña e Luis Davila, O Bichero, ilustrando as historias...
Grazas a todas as familias que colaborastes nos obradoiros, contacontos, maquillaxe e sobre todo á directiva da ANPA por tanto traballo... Grazas por facernos desfrutar e seguimos tecendo comunidade!!

venres, 28 de outubro de 2022

Un SAMAÍN con moito TEATROOO!

E chegou o Samaín  que tanto nos gusta, coa volta a convivencia e a compartir tempos,  espazos, merendas, experiencias...

Durante a semana traballamos na decoración de corredores e espazos e foron as familias as encargadas de decorar as cabazas con moito teatro.


         

Fixemos anuncios e historias de medo na radio,  e en infantil, durante toda a semana  divertíronse con obradoiros variados!

   


Na biblioteca nos agardaba Marc Taeger cun obradoiro terrorífico. Houbo tamén apócemas máxicas, truco e trato e o circo do terror coa colaboración da ANPA.



 
 






 
E nas aulas compartimos momentos lúdicos, merendas terroríficas  e fixemos moito teatro con contos de medo.

              


       

No contexto lingüístico pasamos por radio Faladoiro. Aquí unha pequena mostra pero se queredes escoitar máis seguídenos en Ivoox

                                 

MOITAS GRAZAS a tod@s por colaborar. ARRIBA O TELÓN!