Amosando publicacións coa etiqueta educación documental. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta educación documental. Amosar todas as publicacións

xoves, 30 de novembro de 2017

INVESTIGACIÓN DO MES DA CIENCIA

Ola rapaces!!! 
Xa temos listas as preguntas de investigación da exposición do "Mes da Ciencia en Galego", que se atopa no corredor da biblioteca.
Animádevos a investigar!!!!


domingo, 29 de outubro de 2017

PATRIMONIO DA NOSA CONTORNA

Dende que comezamos o curso baixo o epígrafe xeral de DESENTERRANDO OS NOSOS TESOUROS a colaboración entre distintos departamentos: equipos docentes de nivel, equipo de dinamización da lingua, tecnoloxías da información e comunicación, familias e biblioteca escolar fan avanzar os proxectos multidisciplinares.
As lendas expostas no mural 
O dito recolle que a sorte cambia co gato negro 
Neste caso os calacús, butefas ou cabazas do SAMAÍN toman forma de serea seguindo os trazos da lenda que nos achega ao Buraco da Londra, da Pedra Fendida, do Home do Saco, ...



Traballamos lendas, recollemos, ilustramos, dixitalizamos e transformamos a cabaza nun ser mítico. Serea da Cova da londra
 A tradición de dar medo cos calacús con candeas no seu interior evoluciona; pero a transformación é espectacular e queremos comparttir con vós esta marabilla.

O Home do Saco que citaban os avós para meter medo.
Detalle do saco do Home do Saco




xoves, 18 de maio de 2017

SAÍDA A CORUÑA

Esta semana os alumn@s de Primaria, como remate do proxecto sobre o Planeta Terra,  visitaron a Coruña. Acudiron aos museos científicos e acuario.
Foi un día cheo de coñecementos e emocións!!












venres, 7 de abril de 2017

VISITA DOS ALUMNOS DE 3º, 4º, 5º E 6º.

O alumnado de terceiro a sexto de primaria visitou o pasado mércores, 5 de abril, as instalacións de METEOGALICIA onde se procesa a información sobre a meteoroloxía e se traslada aos medios de comunicación e outras publicacións na web para que a poboación coñeza as prediccións do tempo. Con estes datos acumulados analízanse os informes do clima e as súas variacións.

Continuamos a visita achegándonos ao MUSEO PEDAGÓXICO DE GALICIA onde nos ensinaron e observamos diversas mostras de cartografía que recollían aspectos diferentes do planeta Terra, dende a distancia do universo ata a cercanía de Galicia.

Finalizamos a visita no PAZO DA MATANZA onde Rosalía pasou os últimos anos da súa vida. Aproveitamos para recitar, xa ensaiaramos no paseo da Ferradura en Santiago, ao pé da súa escultura, "Pra Habana" poema testemuña das emigracións galegas que, coma hoxe, levan aos nosos familiares a distintas partes do mundo por falta de traballo no noso país. Lembramos que hoxe temos pais en Namibia, Sur África, Madagascar, Angola, Holanda, Suíza, Noruega, Arxentina,... As migracións producen desequilibrios de poboación e recursos no planeta Terra.

Se fas clic en METEOGALICIA, PAZO DA MATANZA e MUSEO PEDAGÓXICO DE GALICIA, poderás facer visitas a través da web a distintos aspectos dos lugares citados. Aí están algunhas das actividades que faremos ao longo dos vindeiros días.


Imaxe de grupo diante do museo. No posado están todo o alumnado asistente e algúns docentes..


xoves, 24 de novembro de 2016

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

Ola a tod@s!!! No noso colexio tamén celebramos o mes da ciencia en galego. Aquí tendes fotos da nosa exposición, a cal estamos investigando. Nela atopamos información sobre o universo, o planeta Terra, rochas, minerais... que hai nel.





Bicos e un saúdo científico

domingo, 23 de outubro de 2016

MUSEO INTERACTIVO DE NATURNOVA

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria realizamos a visita que tiñamos organizada a Vigo. O museo interactivo tiña moita información; pero iamos preparados.

Nos días previos traballamos a xeosfera, hidrosfera e atmosfera; realmente dende que comezamos o curso. Ao chegarmos fixemos varios grupos que nos permitían investigar e contestar ás cuestión que se nos foron propoñendo.
Os soportes onde se nos facilitaba a información eran documentos escritos, ordenadores, paneis, maquetas e mesmo materiais da natureza -rochas, por exemplo- que nos permitiron coñecer máis aspectos de "O planeta Terra: noso fogar".


Entregáronos unha pegatina, tríptico e caderniño, como recordo da visita. Podemos engadilos ao noso caderno de campo. Volvemos con moito traballo realizado que poñeremos en común nos vindeiros días.






venres, 14 de outubro de 2016

OS CADERNOS DE CAMPO CHEGAN ÁS MANS DOS INVESTIGADORES

Os alumnos do centro recibiron os cadernos para a recollida de información. O proxecto "A Terra: o noso fogar" segue a camiñar.

Vídeos, audios, textos, visitas a museos e planetarios, ... son os recursos que nos facilitan información: os cadernos permiten recollela e lembrala cando se precisa.


As estrelas, os planetas, o Sol, a Terra no caderno se verán.

xoves, 29 de setembro de 2016

Planeta Terra. As imaxes videográficas nos facilitan información.

Dende os cumes do Himalaia nos desprazamos cara ao universo, distanciándonos do planeta Terra: órbitas dos satélites artificiais, Sistema Solar, a nosa galaxia Vía Láctea,...

Agradecemos a American Museum of Natural History a divulgación do vídeo The known Universe que nos permitiu esta excepcional viaxe de pouco máis de seis minutos.

A visión suscitou debate ao estimular os nosas lembranzas de pasados cursos.

Detivemos a proxección para solucionar as dúbidas.

















Outras ferramentas que imos utilizar para profundizar no noso traballo:

Do sistema solar ao noso planeta.

Recursos recollidos polo CEIP Frián- Teis de Vigo. Graciñas polo voso esforzo.

WEBQUEST: A TERRA E O UNIVERSO

Sophie, a lectora de inglés, e o mestre Luís axudáronnos cos títulos.



As rochas e minerais

As nosas investigacións teñen ao planeta Terra no punto de mira. Os alumnos de cuarto pretenden achegarse a algunhas rochas e minerais que forman  a Xeosfera.
En Galicia temos rochas, o granito de Porriño, as lousas de pizarra, ... exportadas a moitos lugares do mundo.
A rocha de granito.

No mundo é ao lado: o muro do patio do colexio esta feito de granito rosa.

Breve información sobre as rochas en Galicia do espazo Abalar.

No museo de Historia Natural da Universidade de Santiago teñen estupendas exposicións de rochas e tamén están minerais que as compoñen.

Neste vídeo de Vtelevisión podes ver a praia de area negra, única no mundo de orixe non volcánica. 

Teñen interese tamén:



luns, 13 de xuño de 2016

Comunicamos o aprendido

Chegou a hora de finalizar o noso proxecto. Despois de moito investigar toca comunicar o aprendido aos compañeiros, compañeiras e profes.
Todas as clases realizaron unha exposición na biblioteca, amosando os traballos realizados e demostrando como a información converteuse en coñecemento ao longo desta viaxe "Pola beira do río".





Xa estamos chegando ao final desta aventura. Pero coma sempre eu... espérovos cos libros abertos!!!


venres, 13 de maio de 2016

Traballos en familia

Ó inicio de curso recibimos moitos traballos realizados en familia relacionados co noso proxecto "Pola beira do río".
Na fase inicial de procura de información as familias son especialmente importantes á hora de aportar traballos de moita calidade. 
Realizamos unha exposición de todos eles fronte o noso mural conxunto "Descubre quen vive no río". Así toda a información está ubicada nun mesmo espazo e serve como complemento á investigación e comunicación do coñecemento, co fin de ir rematando o proxecto.
Déixovos unha mostra e, coma sempre, espérovos cos libros abertos!!

mércores, 11 de maio de 2016

Investigamos nos nosos murais

Aproveitando os murais conxuntos que fixemos durante este curso organizamos unha actividade de investigación. Cada clase conta cunha batería de preguntas sobre o noso proxecto "Pola beira do río". 
Onde atopan a información?: No mural "Descubre quen vive no río", na zona de traballos das familias e no mural de "Galicia, o país dos mil ríos. 
Aprendemos moitísimo sobre o ecosistema dos ríos este curso!! Pronto máis noticias sobre a fase final do noso proxecto. 





Espérovos cos libros abertos!!

luns, 9 de maio de 2016

Descubre quen vive no río

Xa está moi avanzado o curso así que vai sendo hora de ensinarvos o fantástico mural colectivo que fixemos no corredor da Biblioteca.
Ademáis de precioso está cheo de información interesante sobre os habitantes dos ríos, tanto do reino animal como vexetal: insectos, reptís, anfibios, mamíferos, aves, peixes, prantas e árbores... O ecosistema do río plasmado con creacións plásticas e con cartaces e fichas informativas sobre cada elemento. 
Gran traballo!!!





Espérovos cos libros abertos!!!