
O próximo venres 21 de febreiro a editorial Santillana agasállanos cunha animación á lectura para os alumnos/as de 2º e 3º ciclo, na nosa biblioteca, sobre o libro "Dez piratas" de Gloria Sánchez con ilustracións de Montse Gisbert.
Sinopse: Dez piratas e un loro embarcan no "Marabillas",
un desastre de goleta que está en liña cos dez disparatados piratas, en
busca dun tesouro «O Marranchiño de ouro». Durante a travesía os piratas van
desaparecendo dun en un. O último pirata consegue entrar na casa dunha
nena que ten os seus aforros nun peto con forma de porquiño -marranchiño-; pero a nena logra que non llo leve. No último capítulo, é dicir, no número 1, so
queda o loro e decide abandoar a piratería para quedarse na casa da rapaza, iso si, ás veces dánlle ramalazos da vida anterior e cae en picado sobre o quiosco de Paco.
Gloria Sánchez naceu en Pontevedra en 1958. Estudou
maxisterio. En 1990 recibiu o Premio 'Merlín' por Fanfarraios, que acadou o diploma de honra do IBBY. En 1995 gaña o premio 'Edebé' por Doctor
Rus, publicado na colección Tucán, onde edita títulos,
como "La Gallina de la Paz". A súa obra destaca pola súa innovación no eido da
literatura infantil, tanto en narrativa como en poesía.
| Protexémons dos máis feos, os máis brutos... Aínda que se retiren sempre teñen tentacións. Paco, o do quiosco, sábeo ben. |
| Os tripulantes do Marabillas dende Bocanegra a Corazón de Boi preparados para cantar os versos roubados. |
| Preparamos os textos e fixemos lecturas públicas e recitado de poemas. Ai canto lle quitamos á hora de ler! |

CHARO PITA NA BIBLIOTECA
O día 27 de febreiro visitará a nosa biblioteca Charo Pita. Viu a luz en 1966 aínda que di que
naceu a idade dos seis anos cando rematou de ler o seu primeiro libro. É licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Salamanca e estudou interpretación na Escuela de Teatro Santart.
Ten experiencia en teatro como actriz e manipuladora de títeres,
foi vocalista no grupo de música Folk
Hýsua Kórdeon, imparte talleres para a formación de contadores en
centros de profesores do M.E.C e Galicia, e ten publicados diversos libros.
Recibiu os seguintes premios: I Concurso de Contos de Terror convocado pola Agrupación Cultural O Facho (1986) polo relato "A Pel da Pedra"; Premio de Narrativa Concello de Culleredo (1986) polo relato Leda; e Premio de poesía Espiral Maior polo libro "Desde Arcadia para Govinda" (2001).
O seu traballo como narradora abarca diversas áreas do fabuloso. Tamén imparte talleres de narración oral. Desenvolve a súa actividade como narradora oral dende o ano 1994, facendo diversas actividades ao longo da xeografía española.
Ningún comentario:
Publicar un comentario