Comentaron "A miña planta de laranxa lima" de José Mauro de Vasconcelos.
O libro encantou a todos e prolongou os comentarios durante máis de dúas entrañables horas de conversa.
![]() |
A seguinte xuntanza será o luns 19 de xaneiro ás 19:00h no mesmo lugar, no Torrecino.
A novela que servirá de escusa para unha
animada charla é "O violín de Rembrandt", escrita por Jorge Llorca
Freire e gañadora do Premio Blanco Amor 2013.
O ISBN do libro aparece nas recomendacións de lecturas do mes de nadal que entregamos ás familias e recollido na entrada anterior do blog.
Se tedes dúbidas nas bibliotecas do CEIP da Torre ou na Biblioteca municipal de Cela darán información.
Estaremos encantados de contar con vós.

Ningún comentario:
Publicar un comentario