
Levamos días comprendendo as palabras, entristecéndonos cando falan de avións de guerra, debuxando o ceo se o sol é amarelo, silabeándoas se propoñen andar amodiño, emitindo un son: tac, tac, tac se a culler é de pau,...
Agora
xuntámonos arredor dos versos. Trasladamos aos demais imaxes, emocións ou soños. Pintámolas con palabras e gozamos xuntos. Así
compartimos poesía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario