luns, 10 de decembro de 2018

CONMEMORACIÓN DO 70 ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS

Hoxe ás 12 da mañá diversas personalidades realizaron unha lectura dos 30 dereitos desde o balcón da Casa Consistencial de Bueu. Os alumn@s de 5º e 6º de Primaria acudiron a dito acto. 
Entre todos os alumn@s dos centros do concello confeccionaron unha alfombra entre 60 e 80 metros cuadrados, construída arredor dun centro conformado polo logo da ONU e rodeado de seis deseños sacados dos debuxos do concurso escolar celebrado en setembro. O tapiz completouse con 30 figuras de origami. 
Ademais a Asociación Juan XXIII de Cangas preparou xogos e actividades ao aire libre.






Ningún comentario:

Publicar un comentario