xoves, 20 de decembro de 2018

O NADAL NO NOSO COLEXIO

O noso colexio está decorado de Nadal pero relacionado co noso proxecto: "O despertar das sementes". Moitos dos adornos están feitos con paus, follas, piñas... Temos unha árbore feita con troncos e o título:" Sementando ilusión no Nadal".










Para decorar os corredores os alumn@s de Infantil fixeron adornos cos elementos naturais da súa contorna.




Os alumn@s de 1º e 2º de Primaria compuxeron unha ábore chea de mensaxes.


As familias participaron facendo unhas tarxetas con desexos de Nadal e que levan na portada acivro que decoraron na casa.






















E na porta de entrada ao colexio puxemos acivro colgado acompañado da súa lenda.





























No mural das árbores da esola apareceron apalpadores feitos polos nen@s.




E como o ano anterior, cada nen@ fixo unha postal que se intercambiaron entre o alumnado. Nos cursos de 3º a 6º de Primaria seguimos o programa T+t.








E non faltou a música!! Nas entradas, recreos e saídas os alumn@s puideron escoitar, cantar e bailar.



Bo Nadal a todo@s!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario