sábado, 29 de decembro de 2018

VISITA AO BOSQUE DE NADAL

Os nen@s de Infantil remataron o trimestre cunha saída moi divertida. Primeiro foron a exposición de  Dinosaurios, onde miraron tres cortos en 3D e despois fixeron unha visita polos diferentes animais que tiñan.



Despois acudiron ao "Bosque do Nadal" no viveiro O Piñeiro. Observaron diferentes tipos de plantas (incluso carnívoras) e árbores.







Encantoulles a exposición de adornos con luces e árbores de Nadal e o bosque da casa dos elfos de Papa Noel.






E remataron a visita coñecendo algúns animais






Ningún comentario:

Publicar un comentario