Durante o mes de xaneiro estivemos investigando a unha muller moi relacionada co noso proxecto e a Paz: "Wangari".
Nas aulas leuse o conto de: "Wangari e as árbores da Paz", acompañados de pictogramas nalgunhas aulas e despois xogando na PDI. E xogaron con plantillas, sobre o conto e outra da súa biografía, cos escornabots.
O equipo de Dinamización da Lingua Galega, coa axuda dos nen@s fixeron un fermoso mural co título: "Espallando verbas de Paz", no que se podían ler frases da canción que cantamos conxuntamente.
Cada alumn@ decorou unha folla de árbore, na que se escribiron mensaxes de paz para colgar nas ramas dos corredores e na árbore da entrada.
Hoxe na entrada había un cartel: "Sementando libros pola paz" e cada nen@ recibiu un agasallo de Torriño: dous contos para cada un.
Despois xuntámonos tod@s no multiusos e escoitamos o manifesto que fixeron os alumn@s de 4º e 6º de Primaria e cantamos a canción: "Apertas que voan".
E rematamos co "chocolate pola paz" con churros para que esta xornada fora moi doce.
Ningún comentario:
Publicar un comentario