No noso proxecto de centro: "O despertar das sementes" estamos investigando sobre a Horta e os produtos que podemos obter dela. Hoxe, Día contra o Cancro Infantil, viñeron varias persoas da AECC (Asociación Española Contra o Cancro) e fixeron a todo o alumnado unhas charlas sobre alimentación saudable.
Aos maiores lles explicaron como ter unha dieta equilibrada e falaron da Pirámide Alimenticia. Cos máis pequenos, a través de personaxes de debuxos falaron dos hábitos saudables.
Ademais durante toda a semana consumimos froita nos recreos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario