domingo, 10 de marzo de 2019

8 DE MARZO

No noso centro celebramos o 8 de marzo escoitando no patio o manifesto elaborado polos alumn@s de 5º de Primaria, nel expresaron as experiencias das mulleres da súa familia e a súa relación co monte e o campo.



Tamén tivemos visitas de nais de alumn@s que os seus traballos están relacionados coa ciencia. "Mulleres de ciencia". Visitounos Daniela Medal, Susana Bastón e Mª José Cordero.









Nas aulas tamén se traballaron lecturas como "Maruxa" e "Cuando las niñas vuelan alto". Despois elaboráronse murais que temos expostos no corredor da biblioteca.






E para rematar queremos compartir os dous traballos de alumnas de 6º de primaria que foron mención especial no XIII Certame de viñetas e ilustración "A igualdade no traballo" organizado polo concello e coa colaboración do CIM.





Ningún comentario:

Publicar un comentario