luns, 4 de marzo de 2019

ENTROIDO

Por fin chegou o Entroido!!!
Nas semanas previas, cada aula investigou os peliqueiros, mazcaras, cigarróns, felos... e elaborou unha ficha informativa e representación plástica. Todo isto recolleuse nun mural titulado: "Espallando Entroido".
















Durante toda a semana Torriño deu consignas e os nen@s viñeron disfrazados en pixama, con froitas da cabeza aos pes, con gorro, gravata e poema e de mascalleiros.
















E rematamos co festival de Entroido. Os nen@s de Infantil foron macetas nas que medraban froitos da Horta (tomates, pementos e amorodos); 1º e 2º foron árbores de Cela; 3º e 4º representaron flores e xardineiros e os de 5º e 6º foron a brigada Antincendios. Tod@s cantaron as súas cancións ás famiias. Estupendo día!!!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario