Os alumn@s de Infantil estiveron plantando na Horta do cole!! Plantaron variadas plantas aromáticas reciclando palés: ourego, tomiño, lavanda, menta... ideais para acompañar comidas ou facer infusións. Tamén aproveitaron para plantar leitugas, berenxenas, tomates, amorodos brancos... un sinfín de alimentos que a profe Raquel trouxo ao colexio. Agora toca esperar e ver canto medran e que froitos recollemos!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario