Hoxe celebramos a I Romaría Escolar das Letras Galegas, unha xornada de covivencia no monte de Chans.
Plantamos os carballos e castiñeiros que naceron nunhas botas, participamos nun montón de xogos tradicionais, merendamos ata a fartura e desfrutamos da música de Retrouso.
E rematamos recibindo un fermoso agasallo por parte do Equipo de Dinamización.
Temos que repetir!! Grazas a todos por colaborar e disfrutar desta mañá con nós!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario