martes, 11 de xuño de 2019

SAÍDA A ILLA DE CORTEGADA

Xornada completa na Illa de Cortegada para despedir #odespertardassementes 🌱
Tesouro que pertence ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, tamén coñecida coma o Bosque flotante, esta xoia da Ría de Arousa ofreceunos moitas vivencias e aprendizaxes.
Ademáis da súa riqueza vexetal tamén conta con máis de 900 especies de setas.
Cruzamos bosques de piñeiros, cerquiños, carballos... para chegar ao bosque de loureiros máis grande de Europa.
Aprendimos historia, costumes da illa, lendas de carballos come pedras, de bruxos que curaban con plantas medicinais, xogamos, navegamos con chalecos salvavidas e moitas cousas máis que de seguro contaremos na casa!!
Toda unha experiencia para non olvidar!
Grazas a Corticata Turismo Medioambiental por todo!!








Ningún comentario:

Publicar un comentario