xoves, 31 de outubro de 2019

SAMAGOSTO

Este mércores celebramos o "Samagosto". Fixemos exposicións das cabazas decoradas polas familias e relacionadas co proxecto: "I´ve got the power". Comezamos cos obradoiros de Samaín: maquillaxe terroríico, truco- trato en inglés, photocall, apócema e contos de medo. Contamos coa colaboración das familias nestes obradoiros e para os contos tivemos a visita de Luis Davila e Mari Acuña. Na sesión dos alumn@s maiores contaron: "Supermurci" de Matt Carr e tamén historias de medo de Roald Dahl. Aos pequenos lles leron e ilustraron "Supermurci" e "El banquete de los monstruos" de Emma Yarlett. 
























Na segunda parte da xornada celebramos o Magosto, onde os pequenos levaron os seus cestos  para as castañas relacionados co proxecto. E remataron o día con xogos populares.












Gran día para tod@s!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario