luns, 25 de novembro de 2019

25 DE NOVEMBRO

Durante o mes de novembro nas aulas centrámonos en Hulk e traballamos o autocontrol. Lemos libros como: "Cuando estoy enfadado", "Nin un biquiño a forza", "No hay nadie enfadado?" e "Rabietas" e despois conversamos sobre como controlar as nosas emocións cando nos enfadamos. Os nen@s de Infantil debuxaron as cousas que fan para autocontrolarse e os maiores escribiron en bocadillos, que cousas os enfadan e nun puño de Hulk puxeron que fan para autocontrolarse. Con todo isto decoramos os corredores.





Por outra banda os alumn@s de primaria no contexto lingüístico elaboraron cartaces relacionados co 25N, prepararon raps e algúns contos tradicionais os modificaron eliminando todo tipo de machismo ou violencia.
Os nen@s de Infantil tamén aportaron cartaces, creando a "Supermorada", á que non lle gustan as malas palabras,  e fixeron unha cadea morada para decorar.






Hoxe xuntámonos na biblio todos os alumn@s do cole e os maiores mostraron todos os seus traballos.







Ningún comentario:

Publicar un comentario