domingo, 15 de decembro de 2019

AMAR O MAR

O noso centro foi seleccionado para participar no Proxecto de Educación Ambiental e ciencia cidadá: "Amar o mar. Ría de Pontevedra sen plásticos". 
Os alumn@s de 5º e 6º de Primaria recibiron unha charla sobre a importancia das praias como ecosistemas mixtos e os perigos que sufren pola urbanización, destrución de dunas e, sobre todo, contaminación.
Baixaron á praia de Agrelo e recolleron plásticos e rexistraron datos nunha táboa que despois subiron a web. Os datos recollidos foron:
1 hora = 11 kg de plásticos. Os expertos dixeron que é a praia más limpa da zona
Para rematar a xornada, no colexio contáronlle aos máis cativos a súa experiencia.
Viva os nosos ecoheroes. I´ve got the power!!!









Ningún comentario:

Publicar un comentario