Para conmemorar o Día da Paz no contexto lingüístico e titorías traballáronse textos de Gandhi, fixéronse mensaxes de paz e coñeceron, tanto os pequenos como os maiores a Malala. Os pequenos escoitaron o conto "O lapis máxico de Malala" e elaboraron un medallón de superheroes e superheroínas da paz. Os nen@s de 1º e 2º de Primaria fixeron un mural no que reflexaron que farían para cambiar o mundo se tiveran un lapis máxico. E os maiores decoraron siluetas de persoas nas que puxeron mensaxes para cambiar o mundo.
Na biblioteca atoparon unha plantilla de escornabots da biografía de Malala e no castelo tamén está a biografía desta Superheroína para que os nen@s se paren a ler.
Ademais o equipo de Dinamización da Lingua Galega decorou o corredor con verbas de Amor e Paz en diferentes linguas.
Para celebrar este día xuntouse todo o alumnado para escoitar o Manifesto elaborado polo alumnado de 1º e 2º de Primaria. Despois os nen@s de 5 anos agradeceron a participación económica das familias coa ONG WWF para apadriñar catro animais (tartaruga, foca, oso polar e pingüín) que están en perigo pola contaminación. A continuación cantamos "A cantarela dos nenos" e rematamos cun delicioso chocolate pola Paz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario