Para celebrar o día de Rosalía de Castro tod@s os alumnos acudiron á biblioteca. A xornada foi presentada polos nen@s de 1º e 2º de Primaria que recitaron poemas da autora. Despois vimos o que gravaron os nen@s no contexto lingüístico escenificando "Adiós ríos, adiós fontes".
E rematamos a xornada coa visita do cantante Marcelo DoBode, que nos agasallou con historias e cancións que animaron este día. Moitas grazas por vir Marcelo!!
Ademais decoramos as fiestras con "SuperRosalías" que os nen@s decoraron coas súas familias.
E os alumn@s no contexto lingüístico tamén elaboraron murais coas súas obras, sobre a lingua galega e verbas para namorar de Rosalía superheroína. Bo traballo rapaces!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario