Para celebrar o Día da muller e a nena na ciencia recibimos a visita dunha nai científica (oceanógrafa). Contounos historias de mulleres apaixonadas pola ciencia e os descubrimentos, como Jane Baret e Ángeles Alvariño.
Na nosa biblioteca temos unha mostra destas historias en feminino.
Despois os maiores visualizaron os vídeos que gravaron no contexto científico. Nel os nen@s tiveron que inventar, deseñar e construir máquinas e promocionalas para a súa posible venta.
Moitas grazas Susana e parabéns rapaces polo voso traballo!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario