Hoxe inaguramos a nova biblioteca!! Para a presentación dos diferentes recantos e actividades que se poden realizar nela contamos coa estupenda explicación dos alumn@s de 5º e 6º de Primaria. Ao acto acudiron representantes dos centro educativos do noso concello, da ANPA e consello escolar, de inspección educativa, asesoria de bibliotecas, da deputación e do concello.
Para finalizar a xornada contamos coa visita da Concelleira de Educación Carmen Pomar, que desfrutou da compañía e explicacións dos alumn@s.
Moitas grazas a tod@s por vir e parabéns aos nosos alumn@s polo ben que fixeron a presentación oficial da nosa biblioteca!!!!
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarParabéns por ese novo e marabilloso espazo!
ResponderEliminarMoitas grazas!!
ResponderEliminar