venres, 6 de marzo de 2020

AS NOSAS SUPERHEROÍNAS DO 8 DE MARZO

Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller. 

 

Pedimos aos alumn@s unha foto e un pequeno texto no que falasen de superheroínas da súa familia. 
A media mañá todo o alumnado do centro reuniuse na biblioteca e escoitamos historias de guerra, traballo, sacrificio... e decoramos o corredor con todos estes traballos.

















Destacar que os alumn@s de 5º e 6º de Primaria participaron no Certame de poesía e relato curto organizado polo CIM do concello de Bueu. Xabi Martínez gañou o primeiro premio co poema "A miña súper tataravoa" e Manuel Soliño mención especial.

Grazas a tod@s por compartir as historias das vosas superheroínas e parabéns aos gañadores!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario