O luns os alumn@s de 5º e 6º de primaria acudiron ao centro social de Bueu ao acto conmemorativo do Día Internacional da Muller. Fixeron a entrega dos agasallos aos gañadores no certame: "A igualdade no traballo". O noso alumno Xabi Martínez gañou o primeiro premio pola poesía: "A miña super tataravoa" e Manuel Soliño recibiu unha mención especial.
Estes poemas os gravamos en Radio Faladoiro, onde as podedes escoitar.
Parabéns rapaces!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario