domingo, 29 de marzo de 2020

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Este xoves 2 de abril é o Día Mundial de concienciación sobre o autismo e queremos celebralo. No noso colexio os facemos varias propostas que podedes facer dende as vosas casas: poñer ou pintar un globo de azul, pintar as vosas mans de azul, colorear un lazo de cor azul,  facer un cartel... e poñelo nas vosas xanelas ou balcóns. Tamén podedes facer a proposta da Cofederación de Autismo de España: O xoves 2 de abril ás 21:00 sae ao teu balcón ou dende a xanela e ilumina de azul co teu móvil ou linterna. 
 Nos esquezades que a todo o que fagades lle saquedes unha foto e a mandedes a: torredaspalabras@gmail.com. Animádevos a participar!!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario