Xunto con Voz Natura temos unha proposta moi interesante para ecoheroes: "O Concurso océanos que unen"
Co motivo da celebración do Día Mundial dos Océanos, o próximo 8 de xuño, Campus do
Mar presenta «Océanos que unen», un concurso de debuxo e fotografía que
busca reflectir a diversidade dos océanos e no que poderá participar
toda a familia. As obras presentadas poderán reflectir a diversidade
oceánica a través dos procesos mariños ou a súa biodiversidade, tamén os
océanos como fonte de recursos e economía azul ou como espazo de
encontro.
Para concursar deberanse remitir as obras a través da dirección
de correo electrónico: oceanosqueunen@campusdomar.es
Para presentar os traballos, a data límite de envío será o venres 29 de
maio ás 14.00 h ( CET). Toda a información necesaria podedes atopala no ligazón que poñemos a continuación.
Animádevos a participar. I´ve got the power!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario