E seguimos con actividades de Nadal. Non podían faltar as tradicionais postais, que este ano en vez de por carta, nos chegaron vía mail. Os máis maiores fixeron un sorteo, coma se dun amigo invisible se tratara e para que ninguén quedase sen a súa felicitación navideña. Tiveron que esforzarse moito para gardar o segredo, e a maioría o cumpliron. As técnicas utilizadas foron variadas; algunhas con anaquiños de papeis, témperas ou rotuladores brillantes, outras coas fotos do alumnado, outras dixitais e non faltaron técnicas coma a cromatografía que aprenderon no contexto científico.
Tamén escribimos cartas ao Apalpador e aínda que ao noso cole vai vir Papá Noel, pensamos que serán amiguetes e que lle fará chegar as nosas peticións e desexos para o Nadal e o próximo ano. Traballamos con catálogos de xoguetes , facendo cálculos e tratando de pedir agasallos non moi caros. Agardamos que algún dos nosos desexos se cumpra.
No contexto lingüístico de primeiro e segundo traballamos a carta, e pedimos desexos non materiais como poder volver abrazar, volver ao cole sen máscara, xuntarnos cos nosos compañeir@s, que se acabe a covid...
Xa non nos queda nada máis que desexarvos a toda a comunidade educativa que formamos este cole, e a todos os que nos seguides un BO NADAL E MOITA MOITA SAÚDE!
Ningún comentario:
Publicar un comentario