xoves, 15 de febreiro de 2024
En son de paz!
A pasada semana celebramos o Día da Paz.
Ademais da xa clásica chocolatada con churros tivemos tempo de escoitar o manifesto musical elaborado e cantado polo alumnado de 3º de primaria.
Ademáis todos xuntos cantamos e bailamos ao son de Uxía Lambona unha canción especial para este día e sacamos todos os xogos ao patio para desfrutar da convivencia!
E, coma sempre, na Biblio tiñamos preparada unha coidada selección de lecturas para esta conmemoración.
Feli día da Paz!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario