mércores, 5 de xuño de 2024

GAÑADORES do Torneo Escolar de Oratoria!!!!

Que emoción vivimos na final do Torneo Escolar de Oratoria, organizada pola Fundación Barrié. No mes de marzo os dous equipos clasificáronse para a gran final no mes de maio. Moitos meses de esforzo e traballo e moitos nervios... Neste tempo fixemos equipo e aunamos forzas para chegar ata a última proba. O equipo de 3º ciclo de primaria logrou chegar a proba do minuto de ouro... e gañar na súa categoría!! Foi unha experiencia moi enriquecedora para o alumnado, as profes e as familias que nos acompañaron neste proceso. Para coñecer máis detalles deixamos crónicas nos xornais: El Español: https://www.elespanol.com/quincemil/articulos/cultura/eiris-de-a-coruna-y-torre-cela-de-bueu-ganan-el-torneo-escolar-de-oratoria-de-la-fundacion-barrie?amp=1 Faro de Vigo: https://www.farodevigo.es/o-morrazo/2024/05/25/oratoria-sentimiento-convence-emociona-102871897.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario