martes, 27 de outubro de 2026

Comezamos proxecto no Día das Bibliotecas escolares

 Arrancamos novo curso e novo proxecto de centro!! Este ano seremos UNHA ESCOLA EN XOGO. 

Todas as nosas investigacións e actividades de centro xirarán en torno ao xogo, o deporte e o videoxogo saudable. 

E para comezar demos o pistoletazo de saída o día das bibliotecas escolares. Ese día puxemos en marcha as mochilas viaxeiras para as casas e as mochilas temáticas para levar en préstamos. Pero ademais visitounos Belén Asensio Siu, doble campiona do mundo de Taekwondo. 

Nas clases investigamos moito sobre ela e, ademáis, moitos de nós somo alumnos de Belén porque ten un club aquí en Bueu. Durante a súa visita explicounos moitas cousas do seu deporte e fixémoslle moitas preguntas ... ata a entrevistamos en Radio Faladoiro!!

Grazas Belén!!!  
















Ningún comentario:

Publicar un comentario