mércores, 18 de novembro de 2026

Seguinte nivel: Samaín!

Durante toda a semana puidemos levar en préstamo un montón de libros seleccionados polo equipo sobre os medos. Tamén contamos cunha mochila temática sobre o medo para todo aquel que queira pasar tardes e noites terroríficas arredor dos libros. 

E no Samaín pasamos unha xornada moi divertida. Obradoiros organizados por mamás e papás voluntarios a través da ANPA e o equipo de dinamización da lingua: maquillaxe, manualidades, cociña, apócema e túnel do terror cheo de xogos e momentos arrepiantes!

Ademáis tamén pasaron polo Truco ou Trato e pola discoteca para mover o esqueleto. E na biblio... contos de medo a cargo da profe Olalla. 

E coma sempre... as familias aportaron unha chea de merendas terroríficas e cabazas decoradas facendo honor ao noso PDI "Unha escola en xogo" 

Ademáis o alumnado de 1º e 2º gravou un programa de radio anunciando todo o que acontece no cole durante esta festa. Podedes escoitalo en Radio Faladoiro :













Un luxo de xornada!


Ningún comentario:

Publicar un comentario