Amosando publicacións coa etiqueta A Terra: o noso fogar.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A Terra: o noso fogar.. Amosar todas as publicacións

sábado, 24 de xuño de 2017

FESTIVAL FIN DE CURSO

 E para rematar este proxecto: "O planeta Terra. O noso fogar", que mellor que un gran festival. 
Nel tivemos cancións de reciclaxe e coidado do Planeta, obra de teatro, manifesto pola Terra e dramatización. 
Os nosos alumn@s actuaron xenial. 
Bo traballo e felices vacacións!!!!






venres, 2 de xuño de 2017

EXPOSICIÓN DOS ALUMN@S DE 3º DE PRIMARIA

Ola a tod@s!!!
Xa estamos rematando coas exposicións do noso proxecto.
Os nen@s de 3º de primaria estiveron explicando os fenómenos atmosféricos que se poden producir no noso Planeta.
Bo traballo!!!



COÑECENDO CONSTELACIÓNS

Hoxe os nen@s de 5 anos explicaron aos outros alumn@s do cole o que aprenderon sobre o proxecto.
Observamos un ceo cheo de constelacións e nos contaron a historia de cada unha delas.
Estivo xenial!!!




xoves, 1 de xuño de 2017

O ALUMNADO DE SEXTO PRESENTA O SEU PROXECTO

O alumnado de sexto, subdivididos en grupos de tres compoñentes, realizaron un traballo de investigación sobre inventos que, ao seu xuízo, permitiron desenvolver distintos campos da ciencia integrados no proxecto xeral: O planeta Terra: o noso fogar.

Microscopios, pluviómetros, termómetros e satélites artificiais acadaron a súa atención no proceso inicial de motivación ao inicio do curso e remataron coa presentación no día de hoxe. Salientar que fixeron dous pases: un para maiores e outro para os máis novos, ao sentir a necesidade de adaptar a exposición aos  distintos auditorios.

Expoñendo ao alumnado de infantil.

O alumnado de sexto, xa relaxado, recibe os parabéns dos demais compañeiros e docentes rematada a súa exposición.


mércores, 31 de maio de 2017

EXPOSICIÓN PROXECTO

Hoxe os nen@s de 4 anos estiveron contando o que aprenderon sobre o proxecto.
Inventaron o Planeta ARIR e traballaron as tres R (reducir, reutilizar e reciclar)
Bo traballo pequenos!!!



venres, 26 de maio de 2017

VISITA FINA CASALDERREY

Que gran visita!! Fina Casalderrey estivo na nosa biblioteca!!.
Os nen@s de 1º a 4º de Primaria estiveron lendo o seu libro: "Cando a Terra esqueceu xirar" e hoxe desfrutaron da súa visita.
Comezou contando a súa biografía e preguntoulles porque era escritora.
Por suposto, os alumn@s fixéronlle preguntas e ela firmou exemplares.











Moitas grazas a Fina e a editorial SM

xoves, 25 de maio de 2017

EXPOSICIÓN PROXECTO

Olaaaaa!!!
Seguimos coas exposicións do noso Proxecto. Hoxe os alumn@s de 5ª de Primaria faláronnos de Astronomía, dos volcáns e dos terremotos. 
Noraboa rapaces!!!




mércores, 24 de maio de 2017

EXPOSICÍÓN PROXECTO

Olaaa!!!
Hoxe os alumn@s de 4º de Primaria viñeron a Biblioteca a explicarnos todo o que estiveron aprendendo relacionado co proxecto: "O planeta Terra. O noso fogar".
Fixeron unha presentación das diferentes rochas que podemos atoparnos no noso Planeta.

Bo traballo!!!

xoves, 18 de maio de 2017

SAÍDA A CORUÑA

Esta semana os alumn@s de Primaria, como remate do proxecto sobre o Planeta Terra,  visitaron a Coruña. Acudiron aos museos científicos e acuario.
Foi un día cheo de coñecementos e emocións!!












sábado, 29 de abril de 2017

EXPOSICIÓN DO PROXECTO

E... comezamos coas exposicións do noso proxecto. Este venres foi o turrno dos nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria.
Expuseron, a todos os compañeiros e compañeiras, o que investigaron sobre as capas da Terra, os seus movementos, a vía láctea e o sistema solar.
Tamén presentaron todas as actividades que fixeron durante o curso relacionadas co proxecto.
Aqúi vos deixamos unha mostra gráfica.
















Noraboa rapaces e rapazas. Agardámosvos cun novo tema!!!!!

venres, 21 de abril de 2017

INTERCAMBIO DE LIBROS


O venres 21 de abril compartimos as lecturas. Cada un de nós trae un libro que pousa nun espazo reservado da biblioteca, sobre as mesas. Cada libro vai acompañado dun marcapáxinas que, con coidado e dedicación, cada compañeiro/a elaborou para lembrar o mes dos libros e o proxecto deste ano: "O planeta Terra: o noso fogar". Durante a mañá do venres acercámonos á biblioteca para facermos o intercambio segundo o horario establecido.
O prazo de devolución será, como sempre, de quince días.
Entregarase ao titor/a para rexistrar e comprobar a entrega.

venres, 7 de abril de 2017

VISITA DOS ALUMNOS DE 3º, 4º, 5º E 6º.

O alumnado de terceiro a sexto de primaria visitou o pasado mércores, 5 de abril, as instalacións de METEOGALICIA onde se procesa a información sobre a meteoroloxía e se traslada aos medios de comunicación e outras publicacións na web para que a poboación coñeza as prediccións do tempo. Con estes datos acumulados analízanse os informes do clima e as súas variacións.

Continuamos a visita achegándonos ao MUSEO PEDAGÓXICO DE GALICIA onde nos ensinaron e observamos diversas mostras de cartografía que recollían aspectos diferentes do planeta Terra, dende a distancia do universo ata a cercanía de Galicia.

Finalizamos a visita no PAZO DA MATANZA onde Rosalía pasou os últimos anos da súa vida. Aproveitamos para recitar, xa ensaiaramos no paseo da Ferradura en Santiago, ao pé da súa escultura, "Pra Habana" poema testemuña das emigracións galegas que, coma hoxe, levan aos nosos familiares a distintas partes do mundo por falta de traballo no noso país. Lembramos que hoxe temos pais en Namibia, Sur África, Madagascar, Angola, Holanda, Suíza, Noruega, Arxentina,... As migracións producen desequilibrios de poboación e recursos no planeta Terra.

Se fas clic en METEOGALICIA, PAZO DA MATANZA e MUSEO PEDAGÓXICO DE GALICIA, poderás facer visitas a través da web a distintos aspectos dos lugares citados. Aí están algunhas das actividades que faremos ao longo dos vindeiros días.


Imaxe de grupo diante do museo. No posado están todo o alumnado asistente e algúns docentes..


xoves, 24 de novembro de 2016

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

Ola a tod@s!!! No noso colexio tamén celebramos o mes da ciencia en galego. Aquí tendes fotos da nosa exposición, a cal estamos investigando. Nela atopamos información sobre o universo, o planeta Terra, rochas, minerais... que hai nel.





Bicos e un saúdo científico

xoves, 27 de outubro de 2016

VISITA AO PLANETARIO

Os alumn@s de Infantil e 1º e 2º de Primaria fomos de excursión á Escola Naval de Marín. Alí vimos a lúa, o sol, Marte, Xúpiter, Venus, estrelas... no  seu planetario.

 Nos ibamos preparados porque a profe Chelo de Infantil deixounos visitar o planetario que fixo na súa aula.


Pasámolo moi ben. Moitas grazas a Escola Naval!!!!


domingo, 23 de outubro de 2016

MUSEO INTERACTIVO DE NATURNOVA

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria realizamos a visita que tiñamos organizada a Vigo. O museo interactivo tiña moita información; pero iamos preparados.

Nos días previos traballamos a xeosfera, hidrosfera e atmosfera; realmente dende que comezamos o curso. Ao chegarmos fixemos varios grupos que nos permitían investigar e contestar ás cuestión que se nos foron propoñendo.
Os soportes onde se nos facilitaba a información eran documentos escritos, ordenadores, paneis, maquetas e mesmo materiais da natureza -rochas, por exemplo- que nos permitiron coñecer máis aspectos de "O planeta Terra: noso fogar".


Entregáronos unha pegatina, tríptico e caderniño, como recordo da visita. Podemos engadilos ao noso caderno de campo. Volvemos con moito traballo realizado que poñeremos en común nos vindeiros días.