Amosando publicacións coa etiqueta Animación á lectura. Programa TEI.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Animación á lectura. Programa TEI.. Amosar todas as publicacións

xoves, 26 de abril de 2018

VISITA DE SERVANDO BARREIRO

Seguimos "Desenterrando tesouros" e hoxe contamos coa animación de Servando Barreiro. Presentou o seu novo libro-cd "A música da auga", no que ademais da música tamén fixo as ilustracións. Trouxo o seu acordeón co que acompañou as cantigas do espertar da auga, convidando as nenas e nenos a unha viaxe desde o nacemento dun río ata a súa desembocadura no mar atlántico. Nesta viaxe coñecemos as xacias, barqueiros, cesteiros, mulleres que cos seus cestos na cabeza vendían o peixe na lonxa, cantando e contando as súas historias.
E para rematar foi entrevistado en Radio Faladoiro









Moitas grazas Servando e ao consorcio!!!

martes, 21 de novembro de 2017

LECTURA NO PATIO

Hoxe os alumn@s de 3º e 5º de Primaria fixeron lecturas no patio. Os nen@s de 5º escolleron un libro, dos expostos no corredor da biblioteca pola celebración do 25 de novembro, e leron e conversaron cos de 3º sobre o seu contido.
 













Foi un día soleado con boas lecturas!!!

martes, 25 de abril de 2017

APADRIÑAMENTO LECTOR

Este luns, para commemorar o Día do Libro, na hora de ler todo o alumnado xuntámonos no patio e fixemos unha das actividades que máis nos gusta: APADRIÑAMENTO LECTOR.
Os nenos maiores leron aos máis pequenos e aproveitando que participamos no programa TEI, os alumnos de 5º de E.Primaria léronlle aos seus titorizados (os de 3º de Primaria).



Como podedes ver, disfrutamos moito con estas lecturas.
Noraboa lectores!!!!